Posicionarnos

María Canosa
María Canosa PINGAS DE CRISTAL

OPINIÓN

06 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Saber chegar aos sitios é fundamental para visitalos. Por iso son imprescindibles as indicacións, os sinais, as boas comunicacións, o posicionamento correcto no GPS, Google Maps ou ata o Nomenclátor, que está de estrea coa inclusión da toponimia.

O caso é que Galicia aínda ten currunchos por descubrir. Moitos. E grazas que dou por iso! Cada vez que vexo as praias abarrotadas de persoas, nas que resulta impensable estirar a toalla e, con sorte, podes atopar sitio para pousar os pés e manterte ergueito... alédome de vivir nun curruncho no que aínda sobra sitio nos aparcadoiros dos areais e un pode pasear pola beira do mar sen tropezar con ninguén.

E todo isto é parte do encanto que gardamos, un gran potencial para o turismo. Pero tamén quizais porque custa atoparnos. Será por iso que non estamos masificados?

Lía hai uns días que imos á cabeza en turismo termal, pero suspendemos en conexións. E eu diría que tamén en querernos e coidarnos. Limpar arrós, camiños, unificar sinais (teño visto vilas que se chaman de maneira diferente segundo a estrada pola que accedas), non ciscar lixo... Mirar con fachenda os solpores, aínda que o astro rei brille igual para todo o planeta. Ulir o noso mar.