E máis dun ano despois da traxedia que segou a vida a tantos inocentes, os Alvia que chegan a Santiago teñen un sistema de seguridade mellor, aínda que non de todo infalible. Non foi sen tempo que instalaran o sistema de software integrado nos equipos de a bordo para poder ler as balizas ERTMS, sistema que controla constantemente a velocidade e condución nas liñas de alta velocidade. Non só iso. Se o tren alcanza un exceso de velocidade, o freado efectúase por si mesmo.
Sinto que Renfe e ADIF tardaran esta eternidade para instalar o devandito dispositivo, máis aínda sabendo que nin sequera supón unha infraestrutura esaxerada, e moito menos, un investimento excesivo.
Pero a desidia fixo que antes tivera que ocorrer un accidente desproporcionado para que a rede que deseña, xestiona e configura o trazado do tren, tivera a ben dotalo das máximas medidas de seguridade, poñéndoo en funcionamento moito antes de que contar con elas.
Aínda así, queda moito para ser infalible. Precisamente, na fatídica curva de Angrois, non é compatible. Melloráronse as balizas, con elementos que antes tampouco existían, pero non é o mesmo.
O problema é grave, porque non se pode modificar o trazado, e este é o que determina que non se poida chegar a Santiago coma alta velocidade.
¿Serán suficientes os reforzos na sinalización? ¿Ou aínda seremos uns inconscientes que mantemos o funcionamento sen as garantías completas? Para inconsciencia xa chegou e abondou o seu uso inicial, incompleto e irresponsable.