¿Quo vadis, doutor?

Jorge Mira Pérez
Jorge Mira O MIRADOIRO DA CIENCIA

OPINIÓN

03 ago 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

A carreira dos estudos universitarios remata cando un se licencia ou gradúa, pero algunha xente aínda a continúa algo máis: comeza unha nova etapa de formación máis especializada, que remata cun traballo persoal de investigación que debe ser aprobado por un comité específico. Se unha persoa supera esa etapa, que dura de 4 a 6 anos, consegue o chamado grao de doutor. O emprego de doutores no sector produtivo está considerado como o principal impulsor da innovación dun país; parece lóxico.

No marco dos países máis desenvolvidos, máis dun terzo dos seus doutores traballan na empresa privada e, de entre eles, case a metade traballan nesas empresas en labores de investigación. España produce un número de doutores semellante ao deses países pero... a súa absorción polo sector privado xa non o é: só un 16 % dos doutores traballan aí e, de entre ese grupo, só o 26 % traballan como investigadores. En EE.?UU., Xapón ou Corea arredor do 75 % do total dos seus investigadores traballan para empresas, ao revés do que ocorre en España. Un dato que retrata as carencias do noso tecido produtivo.