Présas

María Canosa< / span> PINGAS DE CRISTAL

OPINIÓN

28 oct 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

P ara que logo digan que a Xustiza é lenta. ¡Mentira! ¡Que vai ser! Nin tempo nos deu a saber qué era a doutrina Parot, e xa Inés del Río estaba saíndo do cárcere. Así, fulminante. Sen poder meditar sobre o tema. Si. Como o oen. Fóra. Libre. Acabouse o castigo. Ás présas. E comezaron a aparecer as caras. As de sorpresa, incredulidade e estupor. Falouse incluso de indemnizacións a presos asasinos que axiña solicitaron tamén a súa saída de entre reixas. ¡Como non! Con esa velocidade, calquera non se sube ao tren con destino á liberdade. As vítimas dos criminais, as que quedan vivas, tamén levantaron a voz de desconformidade axiña. Pero case non hai quen as escoite, non interesa. ¡Que vergonza!

Todos somos Marta del Castillo, como fomos no seu día Miguel Ángel Blanco ou as nenas de Alcáser. Non me explico como podemos ter unha memoria tan breve, laxa e fráxil. ¿Como pode ser que a nosa conciencia dure tan pouco? Deberiamos estar botándonos á rúa, berrando que é necesaria a xustiza. Non podemos cansar de esixir penas exemplares, e que a rapidez sexa aplicada a todos por igual. Os criminais xa están saíndo a rúa, pero non vexo case ningún político entre reixas por fraude. Nin se sabe exactamente que pasa con Bárcenas, nin cos ERE de Andalucía, nin co caso Campeón, nin co accidente de Angrois. Porque camiña lenta a investigación? ás veces precisa moito tempo, ás veces. Igual ata recuperamos a De Juana Chaos. Total, xa non o van poder apreixar? Sinto coma se se risen de nós.