¡Chapeau, don Santiago!

OPINIÓN

SE ALGUÉN dubida do cerebro político de Carrillo que lea o seu artigo do día 29 en El País . Como para poñer rubios de vergonza aos baróns dunha e doutra banda, e aínda a algúns por riba deles. E tamén a certos doutrinarios que unha e outra vez nos queren dar leccións de dereito, de política, de historia e de todo o demais. Cunha lucidez pouco común comprendeu, entre outras cousas, o que unha e outra vez temos dito e escrito, aquí e fóra de aquí: que no tocante á pluralidade do país non se diferencian os dunha banda dos da outra. Tan fachas son uns coma os outros. E isto é a peor ameaza que hoxe ten ZP. E non só comprendeu iso, senón tamén o risco que corre de non controlar no seu propio partido os afíns aos da outra banda, que son maioría. Pode que por elegancia non diga que carece ZP de autoridade para impoñer orde no seu partido. Pero este é o problema. E mentres non sexa quen de facelo seguirá metido nunha grileira. O que, en política, significa estar vendido. ¡Chapeau, don Santiago!