«Vendo Yaveh Deus canto tiña medrado a maldade dos homes sobre a terra (...) arrepentiuse de telos creado, doéndose grandemente, e dixo: Vou a exterminar aos homes que fixen sobre a face da terra...». , capítulo 6, vers. do 5 ao 8. Non sei cara a onde imos se a forza bruta da realidade nos obriga a aceptar que a camarilla dos Bush xustifique que os seus informadores comprobaron que Sadam non tiña armas de destrucción masiva pero si a intención de fabricalas, e eles, que si son fabricantes de esas armas, as empregaron e as siguen empregando para masacrar ao pobo iraquí en vista desa suposta intención que tiña Sadam, mentras os medios internacionais que lle adicaron horas e máis horas a esa bestialidade do colexio de Beslán, agora ante a masacre que fan cos iraquíes limítanse a dar lacónicas noticias: 60 mortos en Faluya bombardeada polos EE.?UU.; 19 mulleres e nenos mortos por outro bombardeo de EE.?UU.... e así o silenzo desta barbarie faise unha rutina. O Imperio romano conquistou medio mundo polo seu valor con armas moi semellantes ás dos seus inimigos; mais o imperio de Bush non loita con inimigos obxectivos, senón que masacra todo un pobo onde pode estar ese inimigo. Craro está que loitar contra os inimigos obxectivos é expoñerse a que máis ianquis morran e isto é malo para conseguir votos. A forza bruta do terror que Bush representa non vai cesar pois o petróleo do Oriente Medio o precisan, non só os ianquis, senón todos os que teñen as tixolas polo cabo do mundo para prolongar este teatro da sociedade opulenta a costa de fornecer, xa hoxe con dificultades, os cinco millóns de toneladas diarias de petróleo que necesita este montaxe para se manter. O Irán ten petróleo e non hai que descoidar a súa existencia para os intereses que teñen no Oriente Medio e que non se ceibaron das poutas dos intereses que representa Bush. ¿E que pasa co petróleo do Caspio e con eses conflictos do Cáucaso? Semella que Moscova xa non está tan seguro de que por acó non estén traballando outros intereses. Mais os ianquis de Bush non van soltar a prenda aínda que teñen que botar man do arsenal nuclear que gardan. Mira ti por onde Yaveh Deus pode estar arrepentido de ter creado a estes monstruos que somos e se dispón a deixar que certos elementos acaban coa vida na superficie da terra incluidos os paxaros que voan polo ceo. Eu podería escribir sobre temas menos arrepiantes, pero non teño vocación de estupefacientes, como dixo Castelao. Por exemplo: recordo a Valencia da época do franquismo, Joan Fuster, o autor de Nosaltres els valencians, defendendo a unidade do catalán. Como todos, se non eran franquistas se deixaban ir, vían o de Fuster como unha coña. Mais desde que veu a democracia esta os franquistas para amolar queren que lle recoñezan o valenciano como idioma independente do catalán. Este país está cheo de carpetovetónicos. Estes son teatros menos dramáticos, e a nosa historia está chea de absurdos como este, pero...