A mestizaxe

| MANUEL REGO NIETO |

OPINIÓN

HAI POUCO que un catalán onde os haxa, demócrata e nacionalista, o ex-honorable Jordi Pujol, fixo unha afirmación clara e rotunda: «Si Cataluña opta pola mestizaxe desaparecerá como nación catalana». Aí queda eso, Baldomero, que dicía unha media parente miña. Eiquí, na nosa terra, cada día que pasa ollamos como hai parexas -eles e elas- que se casan ou se xuntan con inmigrantes morenos, veñan de onde veñan, e con outros de razas que en nada teñen que ver coa galega. Non digamos con mozos ou mozas de Castela, Andalucía ou de Murcia... Xa don Ramón Otero Pedrayo e don Xesús Ferro Couselo casaron cunha santanderina e unha toledana. Pois non eran recistas, como o ex-honorable Jordi Pujol. E non digamos as nosas xentes da emigración, que o fan con alemanas ou francesas. Xa un home de Ribadavia, e que fora para Cuba, casara cunha morena, e un dos fillos cantaba eiquí con grande éxito «... que también se van al cielo todos los negritos buenos». Era o gran Antonio Machín. E punto, como di Fraga.