Onésimo é útil

| XOSÉ CHAO REGO |

OPINIÓN

03 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

DIN QUE o cristianismo acabou coa escravitude. Non. Foi un longo proceso da humanidade. Aínda no século XVI o gran Bartolomé de las Casas loitou contra a escravitude dos indios americanos e, coma «mal menor», toleraba que os negros fosen mercadoría. O apóstolo Paulo é acusado de escravista con escaso fundamento; tamén de antifemista malia o que di na carta aos gálatas: que, en Cristo, non hai home nin muller, escravo nin libre. Onésimo, escravo do cristián Filemón, róubao e foxe. No cárcere, Paulo coñece a este home; convérteo e bautízao. Paulo escribe a Filemón para que deixe libre a Onésimo, que lle pode ser útil, de proveito, que iso significa Onésimo.Unha frouxa tradición di que foi bispo. Deliciosa carta que ocupa escasamente unha páxina. Na carta de recomendacion a Filemón Paulo manexa os recursos da irmandade e preséntase coma «prisioneiro por Cristo». Chámalle irmán a Onésimo e pola súa liberación mobilízase a cristianía. Modélico.