NA BIBLIOTECA de Literatura Universal editada por Espasa, acaba de publicarse unha antoloxía da obra crítica de Galdós. Esta colección, coñecida pola abreviatura BLU, que xoga co sonido da palabra en inglés, é un modelo de beleza e elegancia nas súas edicións, sempre a cargo de especialistas competentes. A encuadernación de tela, a calidade do papel, o cuidado da impresión, a cintiña para sinalar as páxinas, tan infrecuente xa, e a caixa azul da cuberta que os protexe, converten os libros de BLU en obxectos de regalo ao mesmo tempo que nun regalo para os lectores adictos á boa literatura. Eu teño confesada devoción e debilidade por Galdós e alégrame ver a súa obra menos coñecida posta ao alcance de novos lectores. Neste caso os estudios introductorios de José Carlos Mainer, que se encarga da edición, e de Juan Carlos Ara Torralba, constituen un bo análise da prosa crítica galdosiana que, pese ó rigor da súa investigación, poderá ser disfrutado polo lector non especializado, pola claridade e sinxeleza con que está redactado. A selección de artigos fíxose co criterio de facilitar unha mellor comprensión da creación literaria de Galdós, cousa que agradecerán os galdosianos, pero tamén calquera lector, que disfrutará con ese delicioso conto titulado La conjuración de las palabras , no que deu vida e corpo ás categorías gramaticais e onde o sustantivo Sentido arremete contra o seu escudeiro, o adxectivo Común , mentres que Relixión acusa a Política de terlle usurpado o nome, e Sentimento , «medio tísico», e Razón , «un pouquiño desmelenada», intentan poñer paz. Tamén poderán ler multitud de semblanzas de figuras da época, análises de acontecementos e de episodios da vida cultural, e ese monumento á tolerancia e á amizade que é o prólogo de Galdós á novela de Pereda El sabor de la tierruca . En suma, un recorrido polo pasado recente, acompañando a un gran escritor, a un gran home e a un español que cría en España e que fixo crer nela a Luis Cernuda.