GABEMOS a súa coherencia: non pode estar nun partido que pacte con outro se este é nacionalista. E non quere dar o espectáculo a que nos teñen acostumados outros compañeiros seus, uns gabando a política da dereita e outros axudando a facela. Terá que explicar por que acatou e acata, e defende, unhas normas que recoñecen esa realidade plurinacional, e que arbitran medios legais para desenvolvela. ¿Ou será que tamén ela defende as lecturas restrictivas e asimétricas á moda para deixar sen contido algunhas daquelas normas de tan alto rango legal, pero non outras porque así convén? Pois ó mellor agora vai resultar que a señora Almeida ten toda a razón: non estaba onde debe estar. E moito mellor vai estar coa política do enfrontamento e contraria á convivencia, coa política da lectura restrictiva, co centralismo cego que se quixo superar e xa se ve que tanto lle custa a algúns. Moito mellor lle irá o neofranquismo que padecemos. Ó cabo, iso é o seu.