DE SOL A SOL | O |

07 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

SINTO fatiga crónica: irrecuperable, pesarosa. Fatiga polo bandoneón da ausencia, a melancolía de vacacionear rumbo a ningures: un bolero que escriben os xílgaros sobre as ondas épicas do Cantábrico. Si tú me dices ven, lo dejo todo . Fatiga por Marbella, Lady Pantoja, Muñoz, Gil y Gil, Alí Baba y los cuarenta ladrones: Qué tropa lleva mi carro . Fatiga polos musculitos que xogan á pelota na praia, as bermudas, a Coca-cola sen cafeína, a carencia de remedios contra a maldita resaca. Fatiga por este agosto sen Georgie Dann, sen chiringuito con cubatas de Larios, sen uns ollos verdes que levarme á miña boca triste. Polo tanto, regreso a casa. Onde Fidel, Rosa é Iolanda gardan as miñas botellas como bálsamos para un náufrago: sen poemas, sen cancións. Pero antes paso por Viveiro. Para abrazar grandemente a Ramón Pernas (mestre en tantas é tantas cousas) é danzar xuntos baixo os labios da madrugada, brindando copa a copa e verso a verso por Libro de actas , a súa última e, como as anteriores, magnífica novela. Viveiro. Onde o Cantábrico tamén escribe boleros é as sombrillas, como o corazón, tapan só as penas e os desamores. Porque en Viveiro os soños son xílgaros. E voan, cariño, para abrazarte.