TEÑEN os do PNV manía persecutoria. Bueno, manía non, estratexia. Hai que exerce-lo victimismo para poder existir. Agora queren falar, di Ibarretxe. ¿Falar logo dunha sentencia que provocaron interesadamente? Queren fuxir desa realidade de 500 anos que se chama España. Non se conforman con que a nación de nacións sexa un Estado federal. Eles queren ser únicos, mais asociados ó Estado que lles dea cartos para sobrevivir. Non; así, non. Que se vaian. Que fuxan cara ningures, que xa estamos fartos de tantas mortes inútiles; de tantas chulerías e agresións verbais dese Arzallus que, como o capitán Araña, embarca a todos mais el queda sempre en terra. Alá eles cos seus bispos, co seu txacolí, cos seus frontóns, coa súa gastronomía, coa paisaxe fermosa e cunha historia que se inventou un tolo chamado Sabino Arana. Foraxidos da lei que se negan a cumplir. Matóns de xentes pacíficas e traballadoras. Mexapilas que sempre dixeron: «Algo habrá hecho».