MIRCEA ELIADE afirma: «O cristianismo en xeral e a filosofía cristiá en particular son susceptibles de renovación se promocionan o cristianismo cósmico que medrou no pobo». Pero no deserto pedíanlle a Moisés: «Non quero volver a escoita-la voz do Señor, nin que ver endexamais ese terrible incendio: non quero morrer». Que o divino fale por medio da natureza é arriscado. Deus dille a Moisés: «O profeta que teña a arrogancia de dicir no meu nome o que eu non llo mandase, ou fale en nome de deuses estranxeiros, é reo de morte». O segredo está en que a Natureza vai dando o paso á Historia -do caos ou caótico ó cosmos ou organizado-, como sucede coa festa da Candeloria. Festa brava que os romanos tomaron dunha celebración agraria e licenciosa e a Igrexa converteu en festa da Virxe. Moi esmerados para non confundírense cos pobos veciños que manipulaban a divindade, teren un Deus único fixo ós isaelitas coidadosos no que debe atruibuírse a Deus.