01 ago 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

EN CASA domina o aserejé . Houbo tempos peores: cando as nenas entoaban a coro y yo sigo aquí, esperandoté, que tu dulce boca ruede por mi piel . Agosto inicia a singradura subido nun Pegaso de cartón: cae Aznar debatendo a nación contra Zapatero, cae Uruguay, cae Ceuta nos labios carnosos de Mohamed VI. Pero estas caídas entran dentro do proceso de demolición que veño cantando e contando ultimamente. Sen embargo, non deben pasar desapercibidas as victorias: casou Jesulín, de Ubrique, provincia de Cádiz. La España de charanga y pandereta, que torturaba a Machado, está de moda. Charanga y pandereta, eso es lo nuestro. Pero estes aconteceres non preocupan á ministra de Educación, señora del Castillo. ¿Para que educar a un país que ten por epicentro a Jesulín? Tarefa infausta. Velaquí o motivo da aprobación da Lei de Calidade. ¿Calidade? ¿Onde? Non coñezo nada máis adulterado e corrupto que o sistema educativo, nada máis incivil, máis paradóxico. Lei de Calidade: unha broma. Perdido o prestixio dos intelectuais, da arte, dos sabios, só resta a resignación (Dios proveerá, que dice el dicho). Quédanos canonizar a Jesulín de Ubrique e pagarlle cen quilos por exclusiva. Que paren el mundo, coño, que me bajo.