DE COTÍO / Manuel Rego Nieto
20 jun 2001 . Actualizado a las 07:00 h.Lémbrome hoxe do sempre benquerido amigo José María Castroviejo, carlino como eu, cando ó falar das nosas cousas, sempre remataba: «Rapaz, en política nunca se sabe...». Agora, cando o rei Simeón de Bulgaria, a pesar dos pesares e dos moitos impedimentos, consigue gañar nunhas eleccións democráticas, lémbrome outra vez de Castroviejo. Simeón chega a consecuencia daquela causa do socialismo irreal, que deixou miseria, quixo acabar coa fe relixiosa dos seus maiores sen conseguilo e caeu, como fruta madura, para vergoña dos que defendían aquel axioma: «De cada quen segundo as súas posibilidades, a cada quen segundo as súas necesidades». Agora os monárquicos voltarán co seu vello dito: «Non querían un rei, e puxeron un sabio; resultou que non o era tanto, e nin sequera era rei...». I é que, en política, nunca se sabe...