OLLARES

La Voz

OPINIÓN

MIGUEL SANDE

15 ene 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

Cada ollar, cada mirada, ten unha edade e a súa propia paisaxe incluso na memoria. Digo isto porque hoxe Xulio Villarino, reporteiro gráfico de La Voz, inaugura na Casa das Artes de Vigo a exposición Crónicas viaxeiras, sobre as súas experiencias en Kosovo, África ou Turquía. Son imaxes que se deteñen no momento mesmo da dor. Pero non pasa nada despois de ollar; volvemos para o noso cotián, á nosa comodidade sabendo, iso si, o que hai ó outro lado e ún xa non se ve tan inocente. (Lembren, o da paisaxe na memoria).