Mela Casal, actriz
26 dic 2000 . Actualizado a las 06:00 h.La Gran Familia, de Fernando Palacios, está en peligro de extinción. O cambio social é unha evidencia pero, aínda que os fogares de agora xa non son como antes, sempre hai xente que é fiel á tradición, sobre todo no Nadal. Ese é o caso da actriz Mela Casal porque, como di, «na miña casa, para cear o día de Noiteboa, seguimos sendo como os de antes». -Son dos do bacallau... -Seguimos ceando bacallau con colifror e despois polo ou cabrito, logo os turróns que os trae un irmán que vive por Alicante. Somos nove irmáns e ceamos xuntos. Cantamos... -Teñen sorte porque todo iso que para vostedes e normal estase perdendo. -Agora xa non hai ese concepto de familia. O Nadal vese coma outra historia, como unha época para ir de vacacións. Antes celebrábase o nacemento de Xesús e agora xa... Antes tampouco se poñía a árbore, que é unha costume americana. Nós poñemos o Belén. -¿E qué me di dos reis? Dentro de pouco vemos a Baltasar mirando ofertas de móviles nun hipermercado. -Bueno, agora o que piden os nenos é o patinete. Parece que se volve poñer de moda. Pero os nenos tamén utilizan o móvil. Eu non sei o que teñen que contar eles polo móvil, pero... Logo tamén piden cousas relacionadas coa informática e Internet... A Nancy xa está extinguida. -Incluso poida que funcione máis o e-mail -E que agora xa non se escriben cartas. Igual que ós meus sobrinos que xa non lles vexo a ilusión de antes. Os nenos agora teñen de todo. Bótase de menos iso, a ilusión de algo que non tiñas. Os nenos teñen de todo e os que non teñen tampouco van ter agora. -É unha pena que se perdan algunhas cousas, como o das cartas. -Ti escríbelles, porque ó mellor se reciben a túa, igual che traen algo. Escríbea e mandaa ó hipermercado.