Soberbia

SARRIA

FOGONAZO | O |

23 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

SOBRE AS causas da paulatina desertización do sur lucense correron ríos de tinta en forma de estudos diversos. O último dos que encargou o Concello de Monforte -algún día haberá que facer un listado deles para entrar ao Guinness - di que aquí a xente é moi pesimista. Pode ser. Pedimos banda ancha no porto seco e no polígono industrial de Sarria non teñen teléfono. Quizais máis que pesimistas sexamos soberbios.