0A TRIBUNA SABELA CALDAS | O |
02 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.DEMOCRACIA TAMÉN é, entre outras moitas acepcións, respetar as reglas do xogo democrático, gusten ou non gusten; é democrático e tolerante. O que de verdade ten ribetes de autoritarismo é que os concelleiros socialistas de Sarria queiran dominar a libre vontade desta concelleira que libremente votou polo candidato a alcalde que reunía as mellores condicións para gobernar Sarria. Ten ribetes de verdadeiro autoritarismo ameazar e chantaxear a unha concelleira porque o seu voto, entenden, perxudicou os seus intereses partidistas. As calumnias lanzadas nos seus escritos, a sabendas da súa mentira e falsedade, son constitutivas de delicto e están tipificadas no Código Penal. ¿É así como entenden vostedes a democracia, a través da comisión de presuntos delictos?