Comparacións irracionais

XUVENTUDES SOCIALISTAS

SARRIA

A TRIBUNA | O |

11 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

ISTO XA é inadmisible. ¿ Como alguén pode ser tan irracional e facer comparacións tan brutais? Esta muller non debe saber o que son os malos tratos. Fala cunha víctima deles, xa verías que gracia lle ía facer. Para mostrar o teu posicionamento, só tiñas que escribir as derradeiras liñas, nelas falas de asumir cousas, de condear a xente, de fuero eterno, de argumentos racionais, de ataques persoais, de tumultos (supoñemos que quererías dicir manifestacións) e de insultos, cos que te referirías primeiro ós que nos dedicou a nós a Sra Victoria López. En Sarria fixemos un emprego sen violencia do dereito de manifestarnos contra o que non estamos dacordo. Só persoas coma ti non saben que somos pacifistas; pensan que imos tirar pedras, por iso traen un rebaño de antidisturbios. Xa se viu o radicais e violentos que somos. Nós demostramos que somos pacíficos, vos provocadores. Sabemos que pretendedes (os do PP) aproveitar o ambiente de crispación social que vos propiciastes para que a xente perda os nervios. Non o ides conseguir se a pouca xente que está do voso lado escribe na prensa brutalidades semexantes