Transfugismo

La Voz

SARRIA

A TRIBUNA MARISA CABO DÍAZ | O |

20 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

EU PENSABA que alguén que se presenta nunha lista electoral, e máxime no primeiro posto, debía saber o que é un tránsfuga en política, pero para a miña sorpresa vexo no como se dubida dos porqués de que nuns casos se considere a alguén tránsfuga e noutros se diga que da unha lección de dignidade política. Supoño que o desconcerto se debe a que a diferencia está en algo desgraciadamente non moi usual na política: a coherencia. Se unha formación política se presenta ante o electorado e unha das súas premisas é o non pacto cun partido, entón a coherencia debería forzar ós seus cargos electos a manter ese compromiso: neso se xogan a súa dignidade. De aí que Celestino Torres dera unha lección o sábado pasado e que se alguén se pode considerar tránsfuga cos seus votantes son ás súas compañeiras de lista. Aplicando o razoamento anterior no caso de Sabela Caldas, dubido moito que o que a levou a votar do xeito que o fixo en Sarria fose a coherencia cos compromisos que a lista na que se presentou tiña manifestado diante dos seus votantes, antes ó contrario. Por eso o seu comportamento foi de todo menos digno e se lle pode chamar tránsfuga. Así de sinxelo.