FRANCISCO ALBO CONTRAPUNTO
08 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.Dez anos despois do inicio do proxecto Val do Sarria-Val do Mao, a comarca de Sarria non ten parque arqueolóxico, nin rutas de visita, nin museo. As expectativas de aproveitamento turístico-cultural quedaron en nada. Queda a nostalxia do que puido ser e non foi. Nun momento dado, un dos impulsores da iniciativa colleu a porta e non quixo saber máis. Desde entón a cousa foi esmorecendo ata que desapareceu sen dar os froitos que se esperaban. Os motivos aínda non están claros. Tal vez na comarca de Sarria alguén poida explicar por que se frustrou aquel proxecto.