«Non lle teño medo a ningún compañeiro»

O novo líder do PSOE de Lugo nega ser o tapado de Besteiro e quere facer o seu proxecto «contando con todos»


lugo / la voz

Álvaro Santos naceu un 23-F, pero un ano antes de que Tejero entrase no Congreso. Forma parte da xeración que non votou a Constitución, polo tanto da nova política que está chegando aos postos de goberno dos partidos. Preto do 53% dos militantes do PSOE o elixiron secretario xeral da provincia. Agora tócalle poñer rumbo a un partido que estivo máis de dous anos sen líder.

-¿Tería moitas chamadas

-Non sei cantas, non dei contestado a todas. Pero chamoume o secretario xeral do PSdeG, os compañeiros do Parlamento, Leiceaga...

-¿E Martínez chamouno?

-Non.

-¿Da oposición?

-Recibín unha felicitación do voceiro do BNG, Xosé Ferreiro, pero ao mellor teño no teléfono máis aínda por ver.

-Vostede fala de integrar, pero iso dino todos os que ganan e logo... ¿Como se fai o de integrar?

-Non entendo a integración como un reparto de «sillóns». Iso é equilibrar. Para min integrar é abrir os espazos de foro a todos os militantes, como iguais, para sumar. Son o secretario xeral na provincia, pero tamén un militante máis. Non empecei a traballar na executiva pero teño claro que estarán os máis adaptados para o que quero que desenvolva o partido na provincia, os que mellor representen os diferentes sectores. Haberá un modelo de partido diferente, por un lado a parte organizativa, e por outra a política. Haberá un secretario xeral, un de organización e un secretario de política pura e dura, que se encargará de coordinar as diferentes sectoriais.

-¿Haberá persoas afíns a José María Arias e a Patricia Otero?

-Non o sei, teño que estruturar a executiva, e logo buscar os mellores. Para min non hai bandos, nin equipos, para min todos somos partido socialista. Non me crerá, pero non analicei os resultados por concellos.

-¿Que papel xogarán Campos e Lara Méndez?

-Campos é membro nato da executiva e o seu papel será importante, é o presidente da institución máis grande que gobernamos na provincia, e destaco a súa actitude e a súa forma de desempeñar o seu cargo. Lara conta co meu aprecio persoal, pero non pensei quen estará na executiva.

-¿Ten a sensación de que o seu partido perdeu dous anos?

-Non. Vimos dunha situación complexa. Chegou o momento de pararse, en todos os ámbitos xeográficos (só falta o 31 de xaneiro cos congresos locais) pero era necesario para fortalecerse a nivel interno. Iso leva tempo, pero non estivemos parados, denunciando os incumprimentos da Xunta coa provincia de Lugo: a chegada do AVE, Hemodinámica 24 horas, ou as mentiras da Xunta co medio rural.

-Perderon votantes e incluso personalidades de peso. ¿Como os van recuperar?

-Hai un cambio no comportamento da cidadanía que obriga aos partidos a facer cambios na forma de facer política. Ninguén ten que esperar ao partido socialista, pero si que nos necesitan. Cando ao PSOE lle foi ben, á provincia foille fantasticamente. Temos que ofrecer un proxecto nítido, claro, con obxectivos definidos e con iniciativas dunha visión panorámica da sociedade e con políticas transversais. Temos que abandonar a política «curtopracista» e convencer á cidadanía cunha visión que supere ás persoas, por riba dos que gobernen. Por exemplo, se pensamos que imos resolver a situación demográfica da montaña en catro anos, sería enganarnos a nós mesmos.

-José María Arias xa dixo que non lle vai poñer «zancadillas», pero ¿ten medo que haxa alguén que si o faga dentro do partido?

-Non. Non lle teño medo a ningún compañeiro.

-¿Vai a ter unha reunión con Martínez para falar do futuro?

-Con Martínez, igual que con todos os compañeiros. Martínez é un máis. De verdade que me presento cun proxecto de todos e para todos, e é necesario que falemos todos.

-¿Vostede é o candidato que estaba detrás de Besteiro?

-Xa antes das primarias se me colgaron etiquetas. Só hai unha clara, a etiqueta de socialista. Eu non podo estar desagradecido con Besteiro. A Deputación non a coñece ninguén con respecto ao que había antes. Foi unha persoa con capacidade e responsabilidade. Non é que sexa o tapado, nin continuidade, nin esas cousas, pero non lle podo estar desagradecido a Besteiro nin recoñecer o que fixo por esta provincia, porque sería quitarlle valor ao que fixo o PSOE, o partido que trouxo a A-6, a A-8, que tiña contratada a Intermodal que se cargaron os dos PP.

-¿Como vai ser a relación do PSOE de Lugo co BNG?

-Sería doado buscar acordos concretos con todas as formacións políticas.

-¿Cal vai a ser o seu futuro na política municipal de Friol?

-Non teño a decisión tomada e son consciente de que teño que tomala. Fareino en breve e compartireina cos meus compañeiros de Friol.

«Ética para Amador», de Fernando Savater e o meu favorito: «En busca del unicornio», de Juan Eslava Galán.

«Mejor imposible», con Jack Nicholson.

Sabina, Chavela Vargas, Tina Turner e Bruce Springsteen.

A Cova da Serpe.

Balseiro y Martínez, juntos en Becerreá

A Consellería de Economía apoyó con 120.000 euros las obras de urbanización del acceso al polígono industrial de Becerreá, en concreto, la mejora de la Rúa Corteliña. El delegado territorial de la Xunta, José Manuel Balseiro, acompañado del alcalde de la villa, Manuel Martínez, y de otros miembros de la corporación municipal, comprobaron el resultado de las obras ya ejecutadas e un 80% a través de las ayudas para la mejora de los parques empresariales aprobados por la Xunta.

Candia afirma que la victoria de Santos dividirá más al PSOE

La presidencia del PP de Lugo, Elena Candia, señaló, tras los resultados de las primarias del PSOE de Lugo, que «gañou o candidato que sacou os peores resultados da historia que tivo o PSOE en Friol», además de apuntar que Álvaro Santos «forma parte dunha herdanza que deixou Besteiro e que levou ao PSOE ao fracaso máis absoluto». Para Candia, los resultados por concellos demuestran la división en la que está el partido en Lugo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«Non lle teño medo a ningún compañeiro»