Novos cursos medioambientais de balde

CERVANTES

A Deputación presentou a nova oferta de actividades que serán no Centro de Interpretación Terras do Miño e nos Ancares

11 oct 2018 . Actualizado a las 11:20 h.

Medio milleiro de persoas poderán participar de balde nas novas actividades medioambientais da Deputación de Lugo. O deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández, presentou a programación, que se desenvolverá no Centro de Interpretación Terras do Miño, no Pazo de San Marcos e na Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá entre outubro e decembro, para todos os públicos. No que vai de ano, máis de 1.300 lucenses participaron nesta programación lúdica e formativa totalmente gratuíta.

Actividades Terras do Miño

As persoas interesadas en participar deberán reservar a súa praza a través do correo electrónico und.medioambiente@deputacion.org e poden tamén chamar aos teléfonos 982 227 812 ou 982 305 930 para obter máis información.

Obradoiros para adultos:

· 16, 17, 18, 19 e 20 de outubro: Curso de iniciación á Micoloxía, entre as 19.30 e as 21.00 horas, no salón de actos da Deputación. O 20 de outubro o horario será de 10.00 a 13.30 horas. 80 prazas

· 23, 24, 25, 26 e 27 de outubro: Curso Micoloxía Nivel II, entre as 19.30 e as 21.00 horas, no salón de actos da Deputación. O 27 de outubro o horario será de 10.00 a 13.30 horas. 80 prazas.

Para familias:

· 10 de novembro: Fauna e flora invasora da Reserva da Biosfera Terras do Miño, dende as 10.00 ás 14.00 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño. 20 prazas

· 20 de novembro: Obradoiro de contos e historias para o sostemento ambiental, de 16.00 a 17.30 horas, no salón de actos da Deputación. 70 prazas.

· 3 de decembro: Teatro e inclusión, a mellor mestura para a preservación do medio ambiente, ás 19.00 horas, no salón de actos da Deputación. 70 prazas.

· 15 de decembro: Os segredos da noite: Fototrampeo de mamíferos, entre as 10.00 e as 14.00 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño. 20 prazas.

Para adultos:

· 16 e 17 de novembro: Arte e Biodiversidade. Obradoiro para o profesorado e educadores, de 16.00 a 20.00 horas o 16; e de 10.00 a 14.00 e 16.00 a 20.00 horas o día 17; no Centro de Interpretación Terras do Miño. 25 prazas.

· 24 de novembro: Introdución á silvicultura nas masas frondosas autóctonas, de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño.

Actividades Reserva da Biosfera Os Ancares

Para participar é preciso reservar praza a través do correo electrónico ancareslucenses@deputacionlugo.org e para ter máis información, poderán chamar ao teléfono 982 227 813.

Para todos os públicos:

· Sábado 13, de 10.00 a 14.00, haberá unha saída micolóxica por Becerreá. Son 20 prazas.

Para adultos:

· 25 de outubro: Conceptos básicos da Castañicultura, Silvicultura e Enxerto, de 17.00 a 21.00 horas. Edificio servizos múltiples do Concello de Cervantes. Son 30 prazas.

Para nenos:

· 16 de novembro: Recolección e cociña de setas, de 10.00 a 13.30 horas, no CEIP de Cervantes. 20 prazas.