Actuará no auditorio Fuxan os Ventos con «Nadando na incerteza»
08 dic 2025 . Actualizado a las 13:49 h.Sábado 24 de xaneiro • 20.30 horas • Auditorio Municipal Fuxan os Ventos (Lugo) • Entradas desde 19,80 euros en entradas.ataquilla.com •
A cantante e compositora Sés chega a Lugo o 24 de xaneiro dentro da xira de presentación do seu novo libro-disco Nadando na incerteza. As entradas xa se poden adquirir na web entradas.ataquill.com, a partir de 19,80 euros.
Composto por trece temas orixinais, preséntase como unha declaración de principios: un canto á honestidade e á liberdade creativa. «Neste disco busco volver á canción en estado puro, sen adornos, cunha mensaxe directa e sincera», afirma a artista.