María do Ceo na festa dos Remedios de Sarria

la voz LUGO

LUGO

María do Ceo
María do Ceo cedida

A comisión de festas programou dous días de actividades

07 sep 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A Xunta patrocina a actuación de María do Ceo mañá en Sarria no marco da tradicional romaría dos Remedios. O delegado territorial, Javier Arias, e a artista presentaron a actividade no entorno da ermida dos Remedios. Nese escenario, a cantante interpretará ás 19.00 horas «A Fadista, Concerto de Fado e outras músicas».

A romaría dos Remedios comezará ese mesmo día, xornada de festa local en Sarria, cunha misa ás 13.00 horas, con procesión e sesión vermú, animada polo grupo La Favorita, que tamén estará na verbena, xunto á orquestra Cinema. As merendas campestres serán as protagonistas todo o día. Acoden numerosos fieis nos arredores do santuario. A comisión de festas, formada por veciños da parroquia, tamén programou actos para o día 9 , cunha misa á unha da tarde, con procesión. A orquestra Tokio tocará na sesión vermú, así como na verbena, xunto con Cordosom.