
En marcha un novo programa de actividades para todas as idades
15 feb 2022 . Actualizado a las 12:53 h.Desde o xoves 17 de febreiro ao xoves 3 de marzo • Rede Museística Provincial •
Con motivo do Entroido deste ano, a Rede Museística da Deputación de Lugo organiza unha serie de obradoiros e actividades nos catro museos da provincia que integran esta Rede, conxugando a tradición do Entroido co patrimonio histórico-artístico.
MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
· Domingo 27, de 11.30 a 13.30 horas. Para público con idades comprendidas entre 7 y 12 anos. «Máscaras de Entroido». Aproveitando o patrimonio que contén este museo relacionado con esta festividade, farase un percorrido por aquelas pezas que fan recordar o Entroido, como as máscaras africanas. E taller para confeccionar unha máscara.
MUSEO FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA (FRIOL)
· Sábado 19 e domingo 20, de 12.00 a 14.00 horas. Para todas as idades. «Agochámonos tras a máscara». As máscaras serán protagonistas destas xornadas, nas que se deseñarán e elaborarán con xeso.
MUSEO PROVINCIAL DO MAR (CERVO)
· Sábado 19, de 11.30 a 13.30 horas. Para integrantes do Club Pequeamigxs. «Entroidando na Ribeira» é o título da actividade na que predomina o cambio de roles, transformándonos naquilo que queiramos.
· Xoves 3 de marzo, de 17.00 a 18.30 horas, para integrantes do Club Sénior. «Aqueles Entroidos». Tamén neste museo, os integrantes do Club Sénior, farán unha ilustración de como eran os entroidos de antano, onde o lacón, cimos, filloas e orellas completan a festa.
MUSEO PAZO DE TOR (MONFORTE DE LEMOS)
· Xoves 17 e xoves 24, en horario de visita a este Museo-Pazo. Xoves de Compadres e Xoves de Comadres. Ademais, haberá unha montaxe de comadres e compadres, válvula de escape que permite o Entroido.