ÚLTIMAS HORAS - BLACK DAYS -
Suscríbete 1 año con el 50% de descuento
Quiero la oferta

Candín

Asociación Veciñal Irmandade Naviega

LUGO

Puerto de Ancares, límite entre Lugo y León y que el Ayuntamiento de Candín considera que es leonés, aunque el IGN certifició que es gallego
Puerto de Ancares, límite entre Lugo y León y que el Ayuntamiento de Candín considera que es leonés, aunque el IGN certifició que es gallego Carlos Castro

20 ene 2021 . Actualizado a las 16:32 h.

Despois de coñecermos que o concello ancarés de Candín (León) pretende cambiar o seu nome polo de Ancares, a Asociación Veciñal Irmandade Naviega de Navia de Suarna (Lugo) quere manifestar publicamente o seguinte:

  • Consideramos a Candín un concello vecín e amigo, pois, máis alá de pertencer a comunidades autónomas e provincias diferentes, por razóns xeográficas e históricas, compartimos paisaxe, tradición, costumes, relaciois sociais e comerciais e, mesmo, en boa medida, lingua. Ata non hai tantos anos, as relaciois e intercambios comerciais e sociais eran mui intensos e en Navia lembramos con mui bon recordo o protagonismo que os ancareses tiñan nas nosas feiras. Máis actuais son a presenza de nenas e nenos de Candín no noso colexio, sempre ben recibidos. En definitiva, a convivencia entre veciñas e veciños das aldeas ancaresas dun lado e doutro do porto sempre foi óptima.
  • En Navia sentimos que formamos parte dun todo, e, nese todo, estamos xeográfica, social, cultural e comercialmente unidos Candín, Cervantes, Navia de Suarna… E ese todo chámase Ancares.
  • É certo que, de vello, pre nosoutos, os ancareses e ancaresas eran as persoas que viñan do outro lado do porto: Candín, Pereda, Teixeu… Pero entendemos que non só do concello de Candín; porque, nun sentido amplo, veciñas e veciños dunhas 50 aldeas dos concellos de Candín, Fabeiro, Veiga de Espiñareda, Valboa, Peranzais e ata Vilafranca do Bierzo, poderían considerarse ancareses.
  • Unha constante no devir histórico dos pobos e das civilizaciois é a evolución. Muitas realidades foron e deixaron de ser, total ou parcialmente. Ó longo da historia da humanidade evolucionamos as persoas e demais seres vivos, as linguas, as fronteiras, a toponimia, a cultura… Isto, como ben sabemos todas e todos, é incuestionable.
  • Pois ben, dende hai preto de medio século, a idea de “Ancares” deu en evolucionar, en medrar. Dende Galicia, iniciativas veciñais e institucionais deron en facer súa tamén -non en exclusividade, por suposto- a marca Ancares e, así, naceron o Club Ancares, a Comarca dos Ancares, os Plans Leader dos Ancares, o Xeodestino Ancares-Courel, a Zona de Especial Conservación ZEC Ancares-Courel (Rede Natura 2000), a Zona de Especial Protección das Aves Ancares (Rede Natura 2000), a Reserva Nacional de Caza de Ancares, a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá… Estas iniciativas e organismos tiveron muita fortuna e acadaron un gran éxito. En consecuencia, na actualidade, en toda Galicia, España, Europa… falar de Ancares non significa falar de Candín; en todos estes lugares, Ancares é muito máis e, nunca, Cervantes e Navia de Suarna quedarían fóra á hora de identificar Ancares.
  • Xa que logo, dende o lóxico respecto cara á mesma, parécenos oportunista a estas alturas a solicitude de Candín. Na nosa opinión, querer volver atrás no tempo e borrar medio século de historia e de realidade é inviable. Poderiamos aceptar muito mellor esta solicitude se o nome escollido fose Candín de Ancares; pero que un concello queira identificar a parte co todo, non, non nos pode parecer ben.
  • Nestes momentos en que o rural está ameazado de desaparición, e dun xeito mui especial as aldeas ancaresas, pensamos que calquera iniciativa que divida, que reduza, non conduce a nada positivo. O ideal sería que sumaramos forzas pre conseguir que a veciñanza do val e da serra de Ancares mellorasen as súas condiciois de vida e pre luitar xuntos por un futuro que se presenta mui incerto. É sabido: a unión fai a forza. Cuantos máis sexamos e máis unidos esteamos, máis posibilidades teremos de ser escuitados e de acadar obxectivos comúns.
  • Colaborar na definición, consolidación e mantemento da paisaxe e da cultura que nos identifican (iso é Ancares) debería ser a gran tarefa pendente e o camín polo que deberiamos encarar o futuro.
  • Por todo o expresado, pre nosoutros esta é unha reivindicación mui pouco afortunada. Mais, respectámola, evidentemente; o que non pode impedir que expoñamos os nosos argumentos, contrarios á solicitude de Candín. Sempre houbo conflitos de intereses entre aldeas, concellos, comunidades… e pobosveciños. Esta é unha realidade que non podemos obviar. O que si podemos e debemos facer é aceptar a decisión final das autoridades competentes e continuar coa amigable relación a todos os niveis que sempre houbo entre os dous concellos. Porque, dende logo, consideramos que son muitas máis cousas as que nos unen ca as que nos separan. E así debería seguir sendo.