O MIHL recupera a súa memoria

A imaxe animal na arte contemporánea centra a exposición «Animalium», na que participan 21 artistas


LUGO / LA VOZ

Animalium é máis ca unha exposición temporal no MIHL sobre a imaxe animal na arte contemporánea galega. Esta mostra na que participan 21 artistas pretende servir tamén para recuperar a memoria deste museo lucense: o seu pasado como antigo matadoiro de Frigsa. «O contedor cultural e o contido son un todo, nun proxecto no que se pon en valor o pasado e presente deste espazo a través das distintas lecturas da figura animal no panorama artístico contemporáneo galego», segundo explica a comisaria da exposición, Cristina Carballedo.

A través de diferentes técnicas, como a pintura, a escultura, a colaxe, a poesía ou a fotografía, os artistas presentan a súa particular reflexión sobre a relación do home coa natureza, entroncando así cunha constante na historia da arte. As súas propostas preséntanse desde perspectivas tan dispares como a crítica social, a tenrura, o humor, a abstracción, a estética ou o primitivismo. E todo elo destacando a creación do MIHL a partir dunha paisaxe agraria e industrial, «polo que significa como valor identitario da sociedade, como memoria viva do pasado e como un elemento patrimonial importante para a historia da cidade», continúa Carballedo.

Os artistas participantes son os seguintes: Alberto Gulías, Álvaro de la Vega, Camilo Seira, Edu Valiña, Enrique Tenreiro, Iago Eireos, Jorge Agra, Jorge Espiral, Julio Sanjurjo, Lomarti, Nicolás González Aller, Noa Persán, Óscar Aldonza, Paco Pestana, Pedro García Losada, Paulo Neves, Peter Schneider, Seara, Xavier Magalhães, Xoán Vila e Xosé Reigosa.

Aberta ata: 31 de agosto

Horario de visitas: De martes a sábado de 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 horas, e domingos de 17.00 a 20.00. Luns pechado

Entrada: Gratuíta

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O MIHL recupera a súa memoria