«Os pais temos moito máis poder do que cremos, se nos xuntamos»

La Voz

LUGO

Outro dos temas que preocupa as familias é a falta de profesorado, sobre todo na zona da montaña. Baixas que tardan en cubrirse e profesores que imparten materias afíns, en lugar das súas.

-Na reunión falaron de recortes de profesorado. ¿Como se traduce?

-A política está así. Están dando clase os docentes de materias afíns e estanse amortizando prazas, sobre todo no rural. Todo por aforrar. Nas cidades tradúcese en masificación de 27 e 28 nenos por aula. Está pasando sobre todo na zona de montaña e en infantil. Temos constancia, despois da asemblea do sábado na que nos informaron diso, de que un dos sitios nos que está ocorrendo é en Cervo. Os directores, en xeral, non esixen, e os pais non protestamos, cando sabemos que as familias temos máis poder do que cremos se nos xuntamos.

-¿Como repercute esta política de aforro nos centros?

-En Doiras xa se perdeu un colexio. Cervantes está ferido de morte se non cambian as políticas, sobre todo en infantil. Os pais están dicindo que esa etapa é fundamental no desenrolo dos seus fillos e queremos especialistas en infantil.

-¿Por que decidiron desprazarse a Burela para celebrar a asemblea?

-Fixemos a asemblea na Mariña porque de setenta e pico ANPA que funcionan na provincia, máis de 25 están na Mariña. Na directiva metemos a tres persoas co compromiso de que o obxectivo é traballar conxuntamente. Non se trata de crear unha estrutura paralela, trátase de colaborar e de xuntar os esforzos de todos. Rematamos cunha charla-obradoiro impartida por Zeltia Méndez e Lucía Fernández.