Inaugurada a décimo oitava mostra Artesanfroilán

Participan no certame 25 mestres artesáns

La Voz

A deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, inaugurou a décimo oitava edición da mostra Artesanfroilán 2014, a feira de artesanía que o organismo provincial pon en marcha, a través do Centro de Artesanía e Deseño, para promover o produto artesán lucense aproveitando a considerable afluencia de visitantes á capital durante os días de celebración do San Froilán, festa de Interse Turístico Nacional. Polín percorreu os 25 postos da feira nun acto amenizado polo son dunha arpa, unha peza arranxada no obradoiro de instrumentos musicais do Centrad. “Artesanfroilán é unha oportunidade única para dar conta da riqueza galega, e da luguesa en particular, e para difundila ao exterior”, subliñou a deputada, que resaltou ademais o compromiso cos oficios artesanais dentro da súa aposta pola artesanía como sinal de identidade e atractivo da provincia para xerar riqueza, postos de traballo e fixar a poboación no rural.

25 “artesanfroilanistas”

Os 25 profesionais que contan cun posto no Artesanfroilán foron seleccionados seguindo os criterios sinalados nas bases feitas públicas, tendo en conta a calidade dos traballos, a sostenibiliade, a innovación ou o respecto polo medio ambiente.

Os artesáns que durante 10 días venderán artesanía de calidade na carpa situada na Praza de Anxo Fernández Gómez, a carón da casa consistorial, en pleno centro neurálxico do San Froilán, proceden da provincia de Lugo -(Lugo (6), Viveiro (2), Quiroga (1), Mondoñedo (1), Vilalba (1), A Fonsagrada (2), Ribadeo (2), Monforte (1), Cospeito (1), Palas de Rei (1), Outeiro de Rei (1) e O Courel (1); da provincia da Coruña (3), da de Pontevedra (1) e da comunidade de Madrid (1). Estes 25 mestres do artesán venderán pezas de xoiería, cerámica, coiro, cestería, téxtil, metalistería, maquetismo, ferraría, bixutería, lámpada decorativa, tornería, pintura, escultura e encaixe de bolillos.

Artesanfroilán, unha das mostras máis rendibles e a máis barata de Galicia, que nas pasadas convocatorias deixou beneficios de máis de 15 millóns de euros e un volume de negocio de máis de 100.000 euros, permanecerá aberta ata o día 12 de outubro, en horario de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 21:30 horas. A entrada é de balde.

3 premios aos mellores stands

A Deputación concederá 3 premios diferentes ós mellores expositores: 600 euros para o primeiro, 300 para o segundo e 100 para o terceiro. Para elo, tal e como recollen as bases, avaliarase a presentación do produto, a orixinalidade na decoración do stand e o uso de materiais ecolóxicos e sostibles para mellorar a imaxe da mostra.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Inaugurada a décimo oitava mostra Artesanfroilán