Un sacerdote lucense que estudou o idioma dos maias

Francisco Albo
francisco albo MONFORTE / LA VOZ

LUGO

ROI FERNANDEZ

A revista «Lucensia» divulga o labor lingüístico do cura Daniel López

02 dic 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

En 1914 publicouse na cidade mexicana de Mérida, capital do estado de Iucatán, unha gramática do idioma maia que presenta a particularidade de ter sido escrita por un sacerdote galego, o entón presbítero Daniel López Otero, natural de Guntín de Pallares. O libro, titulado simplemente Gramática maya, continúa sendo unha obra de referencia entre os especialistas nesta lingua indíxena falada en México, Guatemala e Belice. Porén, este importante traballo é moi pouco coñecido na terra natal do seu autor.