Unha mostra na Biblioteca para coñecer a Cunqueiro

cris L. Graça

LUGO

02 ago 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

1O Edificio Administrativo da Xunta acolle desde onte a exposición No niño novo do vento que conmemora o centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro. A mostra do mindoniense foi inaugurada polo xefe territorial de Cultura, José Carlos Rodríguez Andina, e o director xeral de Galaxia, Víctor Freixanes. A exhibición, promovida pola Consellería de Cultura e Turismo, a editorial Galaxia e a Fundación Penzol, achega a vida e a obra de Cunqueiro. Presenta en 16 paneis informativos e 8 vitrinas todo tipo de fondos documentais, obxectos persoais, manuscritos e primeiras edicións das súas obras e a mostra ten carácter itinerante. No niño novo do vento estará exposta ata o 4 de setembro e estrutúrase en cinco grandes apartados que describen o universo de Cunqueiro a través de elementos como a reprodución do seu escritorio de traballo. Existe un espazo audiovisual que reproduce en vídeo diversos documentais, entrevistas e gravacións das súas pezas teatrais; e dous computadores con pantallas interactivas que permiten a consulta de datos, fotos ou bibliografía.

Campamento de verán

2Os nenos do campamento de verán do Concello de Castroverde realizaron unha viaxe o 28 de xullo ao Aquaparq na localidade de Cerceda onde gozaron das diversas atraccións do parque. Alén dos rapaces, tamén participaron desta experiencia algúns dos pais así como os monitores do campamento que os dividiron por grupos.

Ofrenda a San Ramón

3Unha das pezas máis significativas do Museo Provincial de Lugo, a ofrenda a San Ramón, que pertence a Francisco Asorey formará parte da mostra sobre este escultor galego que se atopa este mes de agosto no Pazo de Torrado en Cambados, localidade de nacemento do escultor. Está cedida temporalmente por este museo para a exhibición que en setembro e outubro terá lugar en Santiago de Compostela na Fundación Gonzalo Ballester. A ofrenda de San Ramón representa a unha muller embarazada portando unha vela e a imaxe do santo. Co préstamo da peza, o Museo Provincial contribúe ao Ano Asorey no que se conmemora o cincuenta aniverario da morte.

Música de guitarra

4Concepción Plantón, intérprete de guitarra, transladouse a vivir a Roses (Girona). A guitarristas lucense continúa coa composición e cos concertos e tivo un gran éxito en Linares, na Fundación Andrés Segovia, onde estreou, catorce obras da súa autoría, con gran afluencia de público chegando a tocar obras de Puccini, Falla o Isaac Albéniz.

Inauguración Gran Sol

A cadea de conxelados Gran Sol abriu onte unha sucursal en Vilalba no Campo da Ponte de Vilaba, n.º7. Gran Sol ofrece aos seus clientes productos conxelados, cunha gran variedade e a bo prezo.