A celebración do Ano Cunqueiro constitúe un aliciente engadido para visitar Mondoñedo, unha cidade cun extraordinario patrimonio histórico e artístico e algunhas das festas e feiras máis antigas e recoñecidas de Galicia, das que tamén se nutriu a obra de Álvaro Cunqueiro.
-¿Espera unha repercusión da celebración do Ano Cunqueiro para o sector turístico de Mondoñedo?
-Si, porque é un aliciente turístico grande, ao ser unha figura que trascende o ámbito de Mondoñedo e de Galicia. As celebracións deste ano servirán para poñer en valor unha figura da literatura galega, que naceu en Mondoñedo, cuna de escritores. De feito, a igrexa da Alcántara dedicarase a divulgar a estes grandes nomes, cunha exposición-museo de ilustres mindonienses: Cunqueiro, Leiras Pulpeiro, Pascual Veiga, Noriega Varela, o maestro Pacheco... Esperamos que quen veña a Mondoñedo, unha cidade que está aberta a todos, polos actos de Cunqueiro, tamén visite e descubra a cidade.
-¿Que rincóns non hai que perderse?
-Á parte da catedral, hai que coñecer a cidade enteira. A Ponte do Pasatempo, que se está restaurando, recuperará a súa fisonomía orixinal, cunha calzada medieval (que non romana como se cría)... Esta calzada de pedra reflexa ben o que é unha cidade medieval, iso si, cun sentido moderno. Hai moito que ver e do que disfrutar, a gastronomía, as festas...