O PP explicará por toda a provincia as liñas básicas do decreto do galego

La Voz

LUGO

05 abr 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O Partido Popular iniciará esta tarde en Chantada unha serie de charlas informativas sobre o borrador do decreto plurilingüe. O encargado de explicar as liñas básicas deste borrador será o voceiro de Política Lingüística, Agustín Baamonde, que na cita desta tarde -ás 20.30 no hotel Mogay- estará acompañado polo deputado autonómico Dámaso López.

Este ciclo de charlas prolongaranse ata o día 15 e terán lugar nos concellos de Foz (día 6), Vilalba (día 7), Monforte de Lemos (día 8), A Fonsagrada (día 9) e finalmente en Sarria (día 15).