Retírase Don Carnal e con el tamén os excesos. Rematan as mascaradas, as chirigotas e as hipérboles intencionadas dunha realidade desfigurada. Na política non.
Logo de tantas, xa resultan especialmente cansinas as confrontacións partidistas que non buscan máis que o rédito electoral. A rúa clama responsabilidades -cada un coas súas- e fálase dun gran pacto que marque un novo tempo de traballo por un interese común. Vamos, que todos tiren do mesmo carro.
Non haberá acordo co PP. O partido non abandonará ese populismo ao que nos ten afeitos coas súas propostas electoralistas, que si valen para o Estado, pero que non se aplican en Galicia.
O seu presidente, Mariano Rajoy, no seu banquete pantagruélico de vaidade insaciable, non perderá un só bocado. Canto peor lle vaia á cidadanía peor lle irá ao goberno e mellor á oposición. Todos os partidos políticos, absolutamente todos, teñen chegado a acordos co goberno en diferentes momentos para apoiar as diferentes medias postas en marcha para combater os efectos da crise. Todos menos o PP.
As medidas do PP no goberno xa as coñecemos aquí. Recortes, parálise da administración e? subvencións, aos amigos claro.
A universidade lucense terá que amañarse cun 20% menos de presuposto. A apertura do novo hospital retrasarase sine die -ou ata as próximas eleccións-. O trato aos desempregados viuse nos traballadores de Pascual, ignorados durante meses. Hai que dicir tamén que Castro de Rei quedará sen hospital -en contra do dito en campaña electoral-; que desapareceron os libros de texto dos colexios; e que se licitou un 15% menos de obra pública, douscentos euros menos para as xubilacións non contributivas, case...