Afonso Becerra, un director de escea

La Voz

LUGO

22 nov 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Naceu en Becerreá hai 36 anos. Licenciado en Direción de Escea e Dramaturxia polo Institut del Teatre de Barcelona e máster en Artes Escénicas pola Universidade Autónoma da cidade condal. Actualmente é profesor na Escola Superior de Arte Dramático de Vigo, e como autor recibiu o premio Álvaro Cunqueiro e reúne xa unha importante traxectoria con varias obras de teatro e ensaio. Afonso Becerra de Becerreá, como asina o seu facer no mundo das artes escénicas, traballou no Teatro Nacional de Cataluña e no Teatro Lliure, e debutou como director profesional no ano 2000 coa compañía ourensana Nove-dous ao fronte de «Rexurdimento: Coplas de cego». Despois de case vinte anos fóra de Becerreá, mantén un compromiso firme co seu concello natal a través de a asociación A Pipa, da que foi membro fundador no ano 1988. A Pipa organiza todos os anos o Certame Literario e a Noite Poética, na que participan profesionais da prensa e do teatro.