NO OUTEIRO | O |
13 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.OROZCO e Lage non se puxeron de acordo. Seguramente porque non falaron. E non o fixeron porque a UPG controla o partido e manda por riba das distintas sensibilidades que compoñen o BNG, que non o esquezamos, é un grupo formado por distintos pequenos partidos ou liñas políticas. Pero, ¿por que o BNG se fai o desinteresado co PSOE? ¿Por que entón non pacta co Partido Popular? ¿Acaso queren seguir como nalgún tempo, facendo oposición? O que está claro é que as maiorías como a que agora vén pedindo o PP e moitos líderes, como a bo seguro López Orozco, deberían volver a ese lugar predominante que en virtude doutros intereses acaban atando de pés e maos aos representantes municipais. Vindo ao caso de Lugo, as furnas non quixeron dar unha maioría absoluta anque si houbo unha clara maioría que debería ser a que en principio gobernara. Se Lage obtivera os votos que si colleitou Orozco ou mesmo, xa postos, García Díez, estarían os nacionalistas en disposición de sacarlle rédito á vantaxe outorgada polos votos. Se fose así, digo, porque a realidade é outra ben distinta. A López Orozco faltoulle unha miguiña para acadar a maioría absoluta. E os resultados das pasadas eleccións tampouco sinalaron que o pobo quixera un cambio radical. É máis, tampouco pediron un pacto, que goberne a maioría e punto.