Á BEIRA DO CAMIÑO | O |
27 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.«CANDO fala o diñeiro, cala a palabra» (dito popular). Son veraces e certeiros. Froito da sabedoría do pobo. Doado de aplicar: Cando fala o poder, as avaricias, as influencias, os intereses (políticos e/ou relixiosos) os económicos, o consumo, as multinacionais... ¡Cala a palabra! Molesta. Manca. Porque pon a descuberto actitudes e hipocresías. Durante a semana pasada celebrouse en Nairobi o Foro Social Mundial, con obradoiros sobre o urxente problema do Sida en África (millóns de mortes evitables), a desigualdade no mundo e a loita por unha sociedade mellor, posible, xusta e fraternal. ¡África, enferma e a morrer de fame! Silencio nos medios (incluídos os da Igrexa) Ao máximo, un recantiño aproveitable, ao informar con detalles, do que presume facer por eles o Foro Económico de Davos. Estes temas non interesan. Tampouco a discriminación dos xubilados de Ourense/Lugo (co 26% menos de pensión có resto do país e menos cós de A Coruña e Pontevedra) ¿Para cando a globalización da solidariedade e reparto dos bens do noso mundo? Os silencios tórnanse cómplices cando non facemos algo por mudar as inxustizas.