ATALAIA | O |
02 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.Así, dunha tirada, conseguín os estraños privilexios de ser, xunto co meu pai, o primeiro viaxeiro que subiu a un tren na estación de Lugo no 2007; fomos tamén ámbolos dous os únicos usuarios que fixeron o traxecto entre a cidade das murallas e a de Monforte no rexional que procedía da Coruña. Un tren da serie diésel 592 con 192 prazas para que puidésemos utilizar un total de seis viaxeiros. Todo un luxazo e un premio para un empedernido afeccionado a un medio de transporte que só nese traxecto é competitivo coa estrada en prezo e en tempo. Nunha hora faise o tramo dun xeito moi cómodo, con máxima puntualidade e por pouco máis de catro euros. Quédanme gañas de saber dúas cousas. ¿Canto custou facer o servizo, incluíndo combustible e salarios de maquinista e revisor e dese total canto costearía a Xunta? E para rematar só un desexo: Felices trens para os que nos gustan. En Lugo xa case non quedan.