Prisas por chegar

LUGO

ATALAIA | O |

12 abr 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

ONTE aproveitei as raiolas de sol para dar un paseo polas proximidades da A-6 e a visión de centos de coches, moitos deles circulando como foguetes, non foi nada tranquilizadora precisamente. No traxecto que pasei en paralelo á autovía, de pouco máis de cinco minutos, contei 17 automóviles que, aínda sin dispoñer dun medidor de velocidade, aseguro pasaban moito por riba dos 140 quilómetros por hora. Sen dúbida, os seus conductores tiñan prisa por chegar e non sentiron ningún medo polas advertencias da DGT de que poden entrar nesa lista negra de víctimas desta Semana Santa nas estradas. Aínda queda moito por facer, non sei ben o que, para poñer freno aos que ao volante manteñen comportamentos que deben ser considerados delictivos.