Publicacións | Novidades de Nadal
30 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.? editorial Galaxia vén de editar dous volumes de senllos autores lucenses. O xornalista Santiago Jaureguizar presenta Cabaret Voltaire , obra coa que gañou o Premio García Barros deste ano. Trátase dunha novela na que a historia europea do pasado século serve ao autor para facer unha crítica irónica e aceda da violencia e da guerra. Jaureguizar narra unha historia de amor entre un enxeñeiro alemán e unha muller galega que, en plena década dos trinta, actúa nun cabaré da vila luguesa de Ribadeo. Esta historia, que atravesa o século XX, amosa os abusos de poder e a barbarie humana. Tamén en Galaxia, o sarriano Camilo Gonsar presenta unha reedición da súa novela Como calquera outro día . Publicada por primera vez en 1962, agora preséntase revisada e corrixida polo autor. Conta a itinerancia dun estudante galego polas rúas de Madrid nos primeiros meses de 1959. Novela de coincidencias no espazo e no tempo, dos cruzamentos de vidas que deixan candansúa melodía peculiar en cada momento. A narración é dialogada, escrita sen resaltes, sen arestas, expón os matices dalgúns dos enigmas da existencia e da súa imposible resolución. Crónica A editorial Alvarellos ten nas librarías Galicia bajo la bota de Franco , unha edición que Enrique Alvarellos estaba a preparar antes do seu falecemento no 2004. O volume, con limiar do historiador Carlos Fernández Santander, recupera o texto editado en 1938 por Jean Flory. Unha desgarradora reportaxe xornalística onde os autores describen, dende o anonimato e con feroz realismo as tráxicas xornadas que seguiron ao golpe franquista en cidades e vilas de A Coruña e Pontevedra. O finado Alvarellos dedica un capítulo ás consecuencias da represión en Lugo, Lalín e Ourense. Lembra o tráxico fin que tiveron algunhas personalidades, como Rafael Vega, Ángel Pérez López ou Agustín Guitián Grau, entre outros.