A oposición pega duro

| SUSO VARELA |

LUGO

DESDE EL ADARVE

25 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

COMO SE nota que remataron unhas eleccións e á vista de dous anos volve a haber outras. A oposición municipal está pegando duro este verán contra o equipo de goberno, máis relaxado que outros anos. O cambio de voceiro no BNG favorece que haxa un novo pulo de oposición. Blanco levaba tempo centrado na carreira electoral e na Deputación e Lage Suárez é edil veterano e peleón. O PP tamén está incisivo a través dos temas urbanísticos e da falta de control e de limpeza do mobiliario urbano. As palabras do voceiro Jaime Castiñeira sobre a cesión do Concello a intereses privados requiren unha contestación clara. O equipo socialista pode que se sinta ben cómodo e respaldado socialmente, e incluso pensando que o traballo está feito ao ter gobernos amigos en Madrid e Santiago. Sería unha pena que fose así e que deixe de lado unha xestión avalada polos votos.