Adiantada a crianza

CARLOS VÁZQUEZ

LUGO

NO OUTEIRO | O |

17 jun 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

CO PERCUTIR do seu pico roxo, as cegoñas volveron connosco nesta primavera e xa teñen ben adiantada a crianza das súas crías. Isto xa non é unha nova. Non obstante, recordando que hai máis de duascentas parellas de cegoñas que viven actualmente en Galicia, unha delas é a que aniña nun poste da luz a carón da estrada que une Nadela con Sarria. Non se debe facer, porque é un perigo para a condución, pero cada vez que paso no coche á altura de Sabarei quedo marabillado de velas alí. No que vai desta estación que xa remata, fun ollando como alimentaban ás crías e como estas ían medrando, facéndose á vida. Produciume ledicia, inda que máis me gustaría velas no alto dun campanario, por máis poético. Ademais, alí onde viven estas supóñoas fartas do intenso tráfico. Quizais por iso inda me alegra máis de que lles vaia ben coa crianza, pois non en van a comezos dos anos noventa case deixaran de verse; sendo tan importantes como son, xa que se manteñen de mosquitos, réptiles e ratos. É dicir, que cumpren cunha función decisiva, inda que esta non teña ren que ver coa que se lles conta aos cativos. Claro que contos nestes días hailles moitos.