DESDE EL ADARVE
04 jun 2005 . Actualizado a las 07:00 h.TITULABA o outro día unha compañeira: Galicia, el país donde las mujeres se cansaron de ser madres. A aseveración é portentosa, tremenda e casi real, porque sempre depende de como se mire: se o que cansa é ter fillos ou se o que cansa é non poder telos. Os menores de corenta anos representamos o 30% da poboación galega e intentando facer unha división paritaria, as mulleres de ata 39 vimos representar máis ou menos un 15%. Tendo en conta de que o que ten o mando é o que actúa e de que non sempre exerce en plena sintonía, a porcentaxe que representan as mulleres en idade fértil que viven en Galicia non é nengún cupo apetecible de complacer. Sempre hai empresarios dispostos a achegar os seus cartos aos de todos (Administración) para levantar un xeriátrico completamente equipado e coas últimas tecnoloxías. ¿Por que os mesmos empresarios non apostan por cofinanciar garderías? Supoño, que porque non é rendible. Só acostumamos a dicir que son o futuro.