TRIBUNA | O |
21 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.UN MUNDO completo en cambio. A universalización de problemas de todo tipo e de alegrías compartidas. O mundo revolto. Un ben acadado como fin da historia (o non a Fukuyama, supoño). O século XIX foi do lacerante e crú conflito a universalización dos pobos e alegrías compartidas. Un plus de creatividade: iso é o que realza o mundo, o que dá sentido aos pobos. «Respirábase, comezábase cuase a respirar unha néboa foleana no pórtico da Catedral. Á direita quedaba Recatelo coas súas fondas ou casas de comidas e cea ben armadas, cheas de -tamén- sonoridade literaria. Na cabeza tiña eu a fonda do Manco, a taberna chea digo de suxerencias literarias. En fronte do vello barcete da Mezquita, bar licorista propio a un certo abuso etílico vespertino, cuase noitarego. Axionlleime coma un monxe templario diante da Catedral. Digo templario sen connotación guerreira contra o sarraceno, senón defensor dunha fe teimuda e xenerosa pra cos outros. A néboa foleana apropiárase da cibdade coma un tentáculo, un horrendo tentáculo do polbo festeiro do Santo Froilán. Eu viña de casa de Manolo e Inés, un matrimonio dos de antes, misa diaria e fe irreductíbel. Comera acelgas con merluza, certamente ben preparadas. Baixamos antre os tres unha botella de viño embotellada por Eroski. Todo rico ao padal. Todo ben preparado ou argallado. Aló por Montirón a néboa foleana estrelábase coma faiscantes estreliñas contra os vidros dos mesóns antergos. Un cadelo de cazata -contábase-, uliscara entre unha matorreira de xesta en flor a presa benamada. Era aló polo mes de novembro e aínda na nosa cibdade de Lugo soaba a cazata e a pesca fluvial en cada casiña de xantares.