NO OUTEIRO | O |
04 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.ÁS VECES andamos na procura dun soño sen decatarnos que o vivir é o principal. Entre vivir e soñar é unha comedia ambientada en París, con referencias musicais e cinéfilas francesas. Foi preestreada en Lugo grazas á Fundación Anade, que loita pola inserción social e laboral das persoas discapacitadas. Non trata este tema concreto nin ten presupostos de Hollywood pero engancha. Esta de Albacete e Menkes -coñecidos por Más que amor frenesí e Sobreviviré - retrátase nun par de frases significativas máis aproveitables. Aquela do florista (Álex Brendemühl) de que «las flores a veces no huelen a nada», e a da quen con aparente maior atino no vivir recoméndalle a Ana (Carmen Maura) que abra a neveira e colla o que teña nela. Dando por feito que ás veces é mellor iso ca non andar na procura dun soño. O espectador deberá descubrir o porqué. Trátase, dunha cinta que busca no intimismo e acada o esencial de calquera cousa: entreter. Esteamos dacordo ou non con que «la mentira mata el amor» ou «lo que mata al amor es la rutina». ¿Con cal quedan?