NO OUTEIRO | O |
05 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.A CIDADE de Lugo estase a beneficiar da autovía. Tiñamos seguro que esa era a primeira columna. A segunda é a liña do AVE, que de chegar a tempo podería ser o revulsivo que precisa a provincia se favorecera o desenvolvemento industrial e freara a perda de poboación. Nisto axudaría, sobre todo, a terceira: unha que se vertebrara con xeito o noso territorio con Galicia enteira. Que xa doe dicilo. E nisto a Xunta non pode mirar para o outro lado. Converter o aeródromo das Rozas nun aeroporto había ser unha cuarta columna. Achegaría a Lugo un tipo de turismo que xa recollen outras cidades cunha poboación semellante á nosa. Por exemplo, Girona ou Reus, ambas a pouco do aeroporto de Barcelona. Logo, que haxa xa tres acó non sería impedimento. Máxime porque as compañías que operan neses aeroportos fano con tarifas moi baratas. Amais da axuda que reciben das Administracións. Pero compensa porque nas anteditas cidades están moi satisfeitos. Pensaban que non, pero estudos recentes din que non só reciben turismo de mochila, senón de xente con bo nivel cultural que o que aforra na viaxe, gástao despois na cidade. A quinta: imaxinémolo e a puxar.