Boas novas deportivas

CARLOS VÁZQUEZ

LUGO

NO OUTEIRO | O |

20 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

APROVEITANDO que o poeta Rafael Alberti tamén escribía de fútbol... Logo de gañar ao Verín esta fin de semana, o CD Lugo vai con vento nas velas. Aló tralas néboas do Miño está xa o horizonte da Segunda. Falta moito aínda, pero o equipo está a deixar bo arrecendo para os que achéganse ao Anxo Carro. Se o Lugo vai sobrado, escasiño de vitorias andan no Pazo Universitario. Por iso a desta fin de semana sóubolles aos do Breo a mel. Agora ben, saír do fondo do pozo non vai ser doado. De momento o equipo que dirixe Moncho López aínda está metido na lama. Ben é verdade que cun pouquiño de sorte nos vindeiros partidos... Claro que o día de Reis xa está aí e os carbóns veñen de camiño. Como se ve, o diñeiro (en presuposto) non o é todo, inda que ás veces parézao. Pero os éxitos deportivos dos nosos non rematan aquí. Esquezamos antes o do Yaya e o do Azkar deixémolo nunha vitoria do Caloto, que tamén é de acó e ben que o necesitaba. Seguindo cos éxitos, un lucense gañou o Lugo Monumental e outro, Pedro Burgo, foi co seu Mitsubishi o máis habelencioso e rápido do Rally San Froilán. A primeira vez que ocorre. E é que cando nos poñemos...