Ilusión no camiño

| XOSÉ MARÍA PALACIOS |

LUGO

DESDE EL ADARVE

17 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

HAI QUE TER moitas ganas para facer o que fan eles. Eles son os peregrinos, eses que este ano andan ou pedalean por costas e chairas camiño de Compostela. E suponse, xaora, que non lles faltan ganas para pasar varias horas ao día baixo o sol ou a chuvia, subindo ata O Cebreiro ou percorrendo A Terra Chá. Son case coma o orballo: un pouco, outro pouco, outro pouco, ata conseguir o resultado. Pero quizais as súas ganas se produzan simplemente por unha combinación de ilusión e vontade. Sabemos case todo en tempo real, sexa a separación dun famoso ou o resultado dunha proba da Olimpiada; pero quizais nos veñan moi ben momentos que nos axuden a esquecer un pouco todo iso, pensando que ver as nubes vale tanto como a aparición dun impresionante teléfono móbil de última xeración.